
Foto Arquivo.
Monforte de Lemos será unha das localidades que acollerá as Feiras do Libro 2025, un evento cultural que percorrerá diversas cidades galegas entre abril e agosto. A cita monfortina terá lugar do 20 ao 23 de agosto, completando un calendario de 13 feiras impulsadas pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. Durante eses días, a rúa estará chea de libros, presentacións, sinaturas, mesas redondas e actividades para todas as idades. A Feira de Monforte será a última de todas as programacións do verán, que tamén inclúen cidades como Santiago, Lugo, A Coruña ou Ourense. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, foi o encargado da presentación do calendario de 2025, destacando o bo momento que está a vivir o sector do libro na nosa comunidade, «xa que un 67,4% da poboación galega mercou algún libro no último ano, o que supón case 10 publicacións por persoa”.•