
Monforte celebrou o martes os tradicionais actos en honra á Virxe de Montserrat, cunha comitiva presidida polo Alcalde, José Tomé, acompañada por diversos membros da Corporación municipal e outras autoridades da comarca. A misa, celebrada na Igrexa de San Vicente, foi presidida polo Vicario de Pastoral, Luis Manuel Rodríguez, e contou coa presenza das Camareras da Virxe. A continuación, tivo lugar a procesión até o Campo da Virxe, onde o Alcalde renovou os votos coa Patroa da cidade. Este ano, a procesión continuou polo casco vello, un percorrido que non se facía dende antes da pandemia. Durante o acto, a imaxe da Virxe caeu ao chocar contra un cable, causando danos de consideración á imaxe, aínda que reparables.•