
O Concello de Bóveda intégrase na campaña impulsada pola Xunta para combater a vespa velutina, especie que afecta á apicultura e aos ecosistemas locais. En abril instaláronse 54 trampas por todo o termo municipal, colocadas por persoal do Distrito VIII. Revisaranse cada 15 días para repoñer o líquido atraente e rexistrar capturas. A cidadanía pode comunicar avistamentos de niños no 012.•