Histórico éxito do Ximnasio Neka no Campionato de Europa de Taekuondo en Tallín

Foto: NEKA

O Gimnasio Neka acadou un resultado histórico no Campionato de Europa de Taekuondo, celebrado en Tallín (Estonia) ao coroar a seis dos seus deportistas como campións continentais. Este éxito foi posible grazas á participación destacada de mozos taekuondistas monfortinos, que seguiron brillando nas súas respectivas modalidades e categorías.

O trío formado por Álex Camba, Marco García e Carlos Rey lograron a medalla de ouro por terceira vez consecutiva, un feito inédito no deporte, que coloca ao Neka na historia do taekuondo europeo. Esta gesta na categoría de trío non ten precedentes, e os tres deportistas ofreceron unha exhibición impecable sobre o tapiz, demostrando a súa calidade e preparación. Un reconocemente merece tamén o director deportivo do club, José María Vega, que está a levar aos seus pupilos a cotas inimaxinables.
Laura Álvarez e Dani Areán, outra das parellas máis destacadas do club, tamén sumaron á súa colleita o metal de ouro na modalidade de parellas, tras superaren a forte competencia. A súa vitoria, xunto á de Camba, García e Rey, evidenciou a forza do Neka dentro do panorama europeo. Pola súa banda, Aitor Teijeiro, que formou parte dun trío con Mateo Fernández e Hugo Arnoso, tamén se proclamou campión, engadindo outra medalla á colleita de éxitos do equipo monfortino. Non obstante, a parella formada por Aitor Teijeiro e Lucía Roca non puido avanzar máis aló da primeira ronda, quedando eliminados por unha selección británica que posteriormente se coronou campiona.
Este resultado non só reflicte a calidade individual de cada un dos taekuondistas, senón tamén o traballo en equipo e a constante mellora do club, que conta cunha longa traxectoria de máis de 30 anos de dedicación ao taekuondo.
A gesta conseguida en Tallín deixa claro que, a pesar das dificultades, o Neka segue sendo un referente do taekuondo. Con estes resultados, a selección española reafirma a súa posición como unha das potencias mundiais na disciplina, e o club monfortino continúa demostrando que o traballo ben feito ten a súa recompensa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Korbis triunfa tamén na categoría masculina

Seguinte Nova

A XXI Feira Medieval de Monforte resiste á choiva

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss