Oportunidade para difrutar no Centro Botín de Santander a maior retrospectiva sobre Maruja Mallo

O Centro Botín de Santander vén de abrir ao público o pasado 12 de abril a exposición Maruja Mallo: Máscara y compás. Pinturas y dibujos de 1924 a 1982, a exposición máis completa realizada ata o de agora sobre a artista galega, con máis de noventa obras procedentes de coleccións nacionais e internacionais. A mostra, comisariada por Patricia Molins e coproducida co Museo Reina Sofía, ofrece un percorrido pola evolución creativa dunha das figuras máis singulares da Xeración do 27. Mallo, nacida en Viveiro en 1902 e con raíces familiares no concello de Sober, desenvolveu unha obra profundamente orixinal que transitou entre o realismo máxico, a vangarda e a experimentación xeométrica. A exposición poderá visitarse ata o 14 de setembro na segunda planta do centro cántabro. Xunto ás obras, incluiranse documentos e fotografías que permiten coñecer o seu contexto teórico e vital, entre eles materiais do Arquivo Lafuente que axudan a entender a relevancia contemporánea do seu legado artístico.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Óscar Górriz presenta ‘Bóveda a memoria no lugar’ no Concello do Incio

Seguinte Nova

A Deputación inicia a última fase das obras de mellora na Avenida Infanta Elena de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss