
O 26 de abril, o concello de Pantón acollerá a primeira edición do Foro Ribeira Sacra, Turismo, Cultura e Poboación, un espazo de reflexión sobre o futuro da Ribeira Sacra e a súa candidatura como Patrimonio da Humanidade. Organizado pola Asociación Cultural Segredos de Pantón, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, o consorcio de turismo e o Concello de Pantón, o evento terá lugar na Rectoral de Castillón.
A xornada abrirase ás 9.30 horas coa presentación de Lucas Vázquez, presidente da asociación organizadora. A partir das 9.45 horas comezarán os coloquios, nos que se debatirá sobre o encaixe do turismo na candidatura da Unesco, a viabilidade do modelo e a necesidade dun plan de usos. Ás 11.00 horas, terá lugar unha mesa redonda centrada no sector vitivinícola e a súa relación co turismo. A xornada contará tamén cunha actuación musical, unha visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz e unha cata comentada de viños.•