Pantón celebrou con éxito a 30ª edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

O Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, xunto co pregoeiro Marcial Mouzo. Foto GPCB.

A XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrouse a pasada fin de semana no Campo da Feira do concello, cun balance positivo tanto en participación como en visibilidade para os viños da zona. O evento congregou nove adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás. A feira contou co respaldo da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. A inauguración oficial tivo lugar o venres, coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen puxo en valor a calidade dos viños galegos e destacou o peso económico do sector vitivinícola, especialmente na Ribeira Sacra. Gómez lembrou que a denominación conta con máis de 1.300 hectáreas inscritas, case 2.170 viticultores e un cento de adegas, cun valor de mercado que supera os 21 millóns de euros. Tamén subliñou o apoio do Goberno galego mediante programas como a reestruturación da viña ou a promoción en terceiros países.
A clausura da feira celebrouse o domingo, coa asistencia da deputada provincial Pilar García Porto, quen salientou a importancia da viticultura como motor económico e turístico sostible. O pregón correu a cargo do xornalista Marcial Mouzo, que fixo un percorrido emotivo pola historia da mostra desde os seus inicios no ano 1994. Mouzo reivindicou o papel dos viticultores e animou a seguir valorizando os viños de Pantón, cunha mención especial ao seu recoñecemento nacional e internacional.
Nesta edición, o Concello apostou por reforzar Pantón como destino turístico integral. A programación incluíu catas comentadas, concertos, experiencias sensoriais e a tradicional festa da empanada. Tamén houbo un servizo de autobuses desde Monforte e Escairón, co obxectivo de favorecer o consumo responsable de viño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Círculo Saviñao acolle a exposición fotográfica de José Manuel Paradela

Seguinte Nova

A Xunta eleva a 19 millóns a liña de préstamos do Igape para facilitar crédito ás pemes

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss