A Ribeira Sacra lista para acoller a Primavera de Portas Abertas do 23 ao 25 de maio

A XIV edición da Primavera de Portas Abertas fará parada na Ribeira Sacra entre os días 23 e 25 de maio. A comarca será a cuarta denominación de orixe en sumarse este ano á campaña, tras o paso por Monterrei, Valdeorras e Rías Baixas. Ao igual que nas anteriores fins de semana, o programa inclúe visitas guiadas, catas e percorridos por recursos naturais e patrimoniais, con participación de adegas, empresas de restauración e aloxamentos locais.
A actividade insírese no plan de Turismo de Galicia para impulsar o turismo enolóxico e desestacionalizar a demanda, segundo a Estratexia Galicia 2030 e o Plan de Sostibilidade Turística de Enogastronomía. No caso da Ribeira Sacra, súmase á dinamización iniciada co PSTD Valdeorras, dotado con 1,5 millóns de euros.
Este ano participan 92 establecementos na campaña. Na Ribeira Sacra volverán operar os Buses do Viño, con rutas desde diversas cidades galegas e castelás para facilitar o acceso á experiencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Turismo de Galicia promove o destino en diversos mercados internacionais

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo impulsa un proxecto de formación especializada para o sector

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss