
O mércores 21 de maio terá lugar no Ecocentro Natureza de Monforte unha sesión da Comunidade de Aprendizaxe para persoas que traballan no sector dos coidados a dependentes. A actividade, organizada pola Fundación Acción contra el hambre, tratará a elaboración de currículos e cartas de presentación, a preparación de entrevistas e o emprendemento sostible, de cara a buscar unha saída laboral nos cuidados.•