Novo xefe na Comisaría de Monforte tras a toma de posesión de José Ramón Fernández López

A subdelegada do Goberno destacou a súa traxectoria e o labor de proximidade das Forzas e Corpos de Seguridade. Foto GPSGL.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu esta semana a José Ramón Fernández López con motivo da súa toma de posesión como novo xefe da Comisaría de Monforte de Lemos. Rodríguez salientou a traxectoria do inspector xefe e o compromiso das forzas de seguridade na defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía. Fernández López é licenciado en Dereito e diplomado en Ciencias Policiais. Ingresou na Policía Nacional en 2003 e ocupou diversos cargos en Ourense, Baleares, Lugo e na Policía Autonómica. Dirixía ata agora a Brigada Provincial de Información en Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte presenta o Programa Deportivo de Verán 2025

Seguinte Nova

Nova sesión en Monforte da Comunidade de Aprendizaxe para coidadoras

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss