Nun final de tempada agónico, o Club Lemos consegue salvarse na derradeira xornada

Por Gonzalo L. Torres
Foto Montero

O Club Lemos, estes últimos anos está a afacer á súa afección para sufrir, pero o desta tempada xa roza o dramático. Foi un ano complexo, cun cambio de directiva no medio da tempada, que terminou con Antonio López na presidencia, á fronte dun pequeno grupo de colaboradores e directivos entre os que destacan as figuras de Rodri na directiva, e o regreso de Óscar Moure, agora como Director Deportivo. Unha das súas primeiras decisións foi o cesamento de Juanlu Bernal, e a súa substitución por Edu Rodríguez, que volvía ao club monfortino , tras o seu exitoso paso pola SD Sarriana hai uns poucos anos. Chegou nun momento da tempada na que os lemistas parecía que fixeran xa os seus deberes, e que a salvación estaba practicamente conseguida e algún afeccionado mesmo se permitía soñar con pelexar polas prazas de promoción de ascenso. Pero todo converteuse rapidamente nun espellismo. O terzo final da tempada foi una auténtico calvario para o Club Lemos, encadeando desde a xornada 22 unha serie negativa de nove partidos sen obter unha vitoria, o que puxo aos brancos ao límite, obrigados a gañar imperativamente nas dúas últimas xornadas se non querían perder a categoría. Primeiro tiveron que facelo en Escairón, por un axustado 0-1, e quedaba rematar a faena en casa ante o Mugardos, nunha auténtica final. O partido foi moi difícil, pero finalmente os de Edu levaron a vitoria por 2-1, e unha explosión de xúbilo e alivio invadiu A Pinguela. Toca rematar a tempada coa Copa Deputación, pero sobre todo, planificar correctamente o próximo ano, para contar cun grupo de xogadores máis amplo e competitivo, que permita, xa non pelexar polo soñado ascenso a Terceira, pero polo menos, salvar máis desahogadamente a categoría. Non será fácil, pero hai algúns modelos para seguir non moi lonxe de Monforte, non fai falta máis que ver o que está a conseguir a SD Sarriana, que pelexará por ascender a segunda federación un ano máis. Tamén debemos lembrar o descenso do At. Escairón, que este ano non conseguiu conformar un equipo que lle permitise competir de maneira continuada por manter a categoría, e leva xa moitas xornadas descendido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A selección Española de Voleibol feminino clasifícase para o campionato de Europa

Seguinte Nova

O Concello de Monforte presenta o Programa Deportivo de Verán 2025

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss