O Consorcio de Turismo impulsa un proxecto de formación especializada para o sector

“Competitividade 4.0: Ribeira Sacra” busca ofrecer ferramentas reais ás empresas turísticas para afrontar os novos desafíos Foto GPCTRS.

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra presentou a pasada semana en Monforte de Lemos o proxecto “Competitividade 4.0: Ribeira Sacra”, unha iniciativa que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística e que ten como obxectivo mellorar a formación das empresas do sector a través de accións adaptadas ás súas necesidades reais.

UN ESTUDO PARTICIPATIVO
A xornada reuniu en Monforte a representantes de empresas e servizos turísticos da comarca, que puideron coñecer de primeira man os detalles do proxecto. Segundo explicaron os responsables da proposta, trátase dunha actuación deseñada a partir dun estudo participativo que recolle as achegas do propio tecido empresarial, co fin de ofrecer unha formación útil, con seguimento individualizado e titorización personalizada.

CAMBIO XERACIONAL, DIXITALIZACIÓN E PROFESIONALIZACIÓN
Desde a organización destacouse que o proxecto “non vai de facer formación por facela”, senón de poñer en marcha recursos axeitados logo de escoitar aos profesionais. A iniciativa pretende dar resposta a retos como a substitución xeracional, a dixitalización, a profesionalización do sector ou a aposta por un modelo turístico máis sostible e respectuoso coa contorna.
Durante o encontro tamén se avanzou unha proposta de pequenas charlas en liña complementarias e anunciouse que a principios de xuño se abrirá o prazo de inscrición para as primeiras accións formativas gratuítas.

INVITACIÓN A PARTICIPAR
As empresas que aínda non participasen poden sumarse cubrindo un cuestionario en liña dispoñible na web do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra lista para acoller a Primavera de Portas Abertas do 23 ao 25 de maio

Seguinte Nova

Problemas de circulación en Belesar: Interior Galego Vivo exixe melloras

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss