Turismo de Galicia promove o destino en diversos mercados internacionais

Durante este mes de maio, organiza viaxes de familiarización con axentes de viaxes de Alemaña e con xornalistas especializados canadenses e austríacos e influencers chineses
A programación deste mes inclúe feiras profesionais e accións de familiarización con axentes e xornalistas especializados. Foto GPXG.

Turismo de Galicia está a intensificar a promoción do destino cunha axenda internacional que abrangue feiras profesionais e visitas de axentes e comunicadores especializados. Esta fin de semana, participa en Expovacaciones, no Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo, onde presenta a oferta turística galega nun stand de 100 metros cadrados, con especial atención aos Camiños de Santiago, a natureza, a gastronomía e a artesanía, representada nesta edición por Cristina Velasco Mora.
A finais de maio, a Xunta estará presente tamén na ITB China, en Shanghai, considerada unha das principais feiras de turismo de Asia. Turismo de Galicia acudirá cun módulo dentro do espazo de Turespaña e manterá encontros con profesionais do sector a través da plataforma oficial da feira.
Xunto a estas accións, neste mes están a desenvolverse varias viaxes de familiarización. Axentes alemáns percorren estes días Santiago, Rías Baixas e Ribeira Sacra. Xornalistas canadenses e austríacos xa visitaron Galicia, mentres que o país tamén participa esta fin de semana no evento Piknik Nad Odra, en Polonia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova sesión en Monforte da Comunidade de Aprendizaxe para coidadoras

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra lista para acoller a Primavera de Portas Abertas do 23 ao 25 de maio

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss