A chantadina Concha de Agrade protagoniza o primeiro episodio de “Folcast”

A deputada de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro e Xosé Gago, coordinador de Folcast canda Branca Villares, presentaron o proxecto, formado por dez episodios que se difundirán ao longo do ano. Foto GPVDL.

Coincidindo coa fin de semana das Letras Galegas, que este ano recoñece o papel das cantareiras na transmisión da poesía oral, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo lanza a serie de podcast “Folcast”, un percorrido pola oralidade e a música tradicional de Lugo, que terá a Concha de Agrade como a protagonista do primeiro episodio. A súa voz forma parte do Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth, obra de referencia da etnomusicoloxía galega.
A presentación terá lugar o sábado 18 de maio, ás 13:00 horas na casa natal de Concha, en San Vicente de Agrade. Antes, ás 12:00, a Coral de Chantada participará na misa na igrexa parroquial. No acto intervirán familiares e especialistas, ademais das pandeireteiras de Dakidoasma, que ofrecerán varias pezas musicais. A xornada pecharase cun petisco colaborativo aberto a toda a veciñanza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ENTREVISTA A JAVIER OJEDA:Cantante e compositor da mítica banda de pop Danza Invisible

Seguinte Nova

O obradoiro Serra do Faro IX impulsa unha nova zona verde no barrio chantadino de Marín

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss