José Tomé Roca, proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo

O 5º Congreso Provincial, que reuniu máis de 150 delegados no Hotel Torre de Núñez, serviu para renovar a dirección do partido, aprobar unha nova estratexia política e reivindicar o PSdeG como alternativa sólida ao modelo do PP
Tomé Roca afirmou que o primeiro gran reto será nas eleccións municipais de 2027, nas que o partido aspira a revalidar alcaldías, conquistar novos concellos e ampliar a presenza institucional. Foto GPPSdeG.

José Tomé Roca foi proclamado este sábado secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo durante o 5º Congreso Provincial, celebrado no Hotel Torre de Núñez baixo o lema “Lugo: construíndo futuro”. Máis de 150 delegados e delegadas de toda a provincia participaron na renovación dos órganos de dirección. T A nova Executiva está formada por 35 persoas —17 mulleres e 18 homes— e inclúe 22 novas incorporacións. O monfortino subliñou a importancia do traballo territorial e das agrupacións locais, e sinalou as municipais de 2027 como o seguinte reto. Identificou ao PP como principal adversario político e defendeu un modelo centrado na igualdade, os servizos públicos e o desenvolvemento sostible. Tamén reclamou un plan industrial para A Mariña e destacou o potencial do turismo, o agro e o patrimonio. Durante a súa intervención de clausura, Tomé Roca agradeceu “de corazón” a confianza renovada pola militancia e sinalou que asume esta responsabilidade “cun compromiso absoluto coa provincia de Lugo e coas persoas que viven”. Subliñou que o congreso foi un exemplo de vitalidade democrática: “un exercicio de participación interna que nos fortalece como organización política e nos reafirma como un partido vivo, plural e comprometido”. O Secretario Xeral identificou con claridade ao Partido Popular como o principal adversario político: “O PP representa un modelo esgotado, ancorado no pasado, baseado no bloqueo institucional, na conservación do poder a calquera prezo e na utilización partidista dos recursos públicos”. Fronte a iso, José Tomé Roca defendeu un modelo socialista que pon no centro as persoas: “Protexer os servizos públicos, garantir a igualdade, impulsar o desenvolvemento sostible e construír unha sociedade xusta son os piares da nosa proposta”.
Na súa intervención, o Secretario Xeral comprometeuse a facer do PSdeG un partido accesible á mocidade: “Debemos comprender e incorporar a súa maneira de comunicarse e participar, abríndolles as portas para que sexan protagonistas activos do noso proxecto”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP lamenta a parálise do complexo turístico de Augas Mestas en Quiroga

Seguinte Nova

Daveiga, un exemplo de innovación e transformación no sector agroalimentario

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss