Monforte pon en marcha o IV Plan de Igualdade Municipal

Foto Envato

O Concello de Monforte vén de iniciar os traballos para redactar o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, un documento que servirá de guía para as políticas locais nesta materia nos vindeiros anos. A elaboración deste novo plan responde á avaliación do anterior, na que se constataron avances, pero tamén a necesidade de continuar promovendo accións que garantan a igualdade efectiva.
O obxectivo principal desta nova fase é fomentar un proceso de reflexión e participación cidadá que permita adaptar as políticas públicas á realidade social de Monforte. O plan será desenvolvido por un equipo mixto composto por persoal do Centro de Información á Muller e da consultora especializada en igualdade SECES CIT, S.L.
A primeira etapa consiste na realización dunha diagnose municipal cun enfoque de xénero. Para iso, solicitouse a colaboración da veciñanza mediante unha enquisa dispoñible na web do Concello. A participación cidadá nesta fase considérase fundamental para axustar o futuro plan ás necesidades reais do territorio. Dende o goberno local anímase á poboación a cubrir a enquisa e contribuír á construción dun Monforte máis igualitario.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concurso Semente Ribeira Sacra reforza a súa vertente formativa na undécima edición

Seguinte Nova

Recollen bicicletas en desuso para doalas a persoas que as necesiten

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss