O campo de voluntariado de Quiroga porá en valor a fervenza do Pozo do Batán

A iniciativa desenvolverase entre o 23 de xullo e o 8 de agosto con 15 prazas para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
Foto RTMQ.

Quiroga contará este verán cun novo campo de traballo organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, tras a solicitude formulada pola área de Xuventude do Concello. A acción principala desenvolver polos participantes centrarase na posta en valor da fervenza do Pozo do Batán, situada no río Ferreiriño, nas proximidades do pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós e da ruta PRG-192.
Durante as dúas semanas de duración, do 23 de xullo ao 8 de agosto, os participantes realizarán labores de roza, limpeza e sinalización dos accesos á fervenza. Ademais, implicaranse na elaboración dun vídeo promocional sobre o Pozo do Batán e colaborarán na divulgación do Xeoparque Montañas do Courel e na dinamización das rutas do municipio.
O programa inclúe tamén actividades de lecer, como unha ruta guiada ata a mina romana de Montefurado e visitas ao pregamento xeolóxico e aos museos de Quiroga.
O campo de traballo contará con 15 prazas para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, de procedencia internacional.
As persoas interesadas poden inscribirse nos correos electrónicos seguintes:

  • camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal.
  • camposlugo@xuventude.xunta.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober celebra o 24 de maio a XXIII Festa das Avoas e dos Avós

Seguinte Nova

Quiroga avanza na futura ponte colgante de Campodola

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss