
O Concello de Bóveda convocou un certame para escoller o cartel da XXI Feira Outrora, que se celebrará o 14 de xullo en Rubián. Poderán participar todas as persoas agás as vinculadas coa organización e familiares directos. Os carteis, en formato vertical de 42 x 59 cm, deben incluír o texto oficial da feira. O prazo de entrega remata o 6 de xuño e o premio será de 400 euros. O Concello de poderá exhibir ou reproducir os carteis presentados.•