O día das Letras Galegas reivindica o papel das cantareiras e a labor pioneira de Dorothé Schubarth

(FOTO RAG)

A Real Academia Galega celebra este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha sesión extraordinaria e pública no Centro Cívico e Cultural de Malpica de Bergantiños, vila natal das Pandeireteiras de Mens, protagonistas da edición deste ano xunto ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás (Cerceda) e Eva Castiñeira (Muxía). O acto comezará ás 12:30 horas e contará coas intervencións da académica Ana Boullón, impulsora da candidatura; do filólogo Antón Santamarina, coautor do Cancioneiro Popular Galego; e do expresidente da RAG Xesús Alonso Montero. A parte musical estará a cargo das Tanxugueiras. A entrada será libre ata completar aforo e poderá seguirse tamén en directo en academia.gal. A homenaxe recoñece o papel esencial das mulleres do pobo na creación e transmisión da poesía popular oral e salienta a continuidade desta tradición en voces actuais como as de Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro. Trátase do segundo acto oficial das Letras deste ano, tras a presentación en marzo en Cerceda da nova edición de Primavera das Letras, proxecto infantil que inclúe a obra As Ferreñas, escrita por Paula Carballeira e ilustrada por Nuria Díaz. A terceira cita será no outono en Muxía, con xornadas arredor das cantareiras. Ademais das actividades presenciais, a RAG ofrece contidos dixitais, como a serie documental Se canto é porque quero e vídeos sobre toponimia vencellada ás homenaxeadas. O servizo de publicacións distribuirá o volume Por que non hei de cantar?, coordinado por Manuel Rico Verea, cun repaso ás recolleitas e cancioneiros populares, con especial atención á figura da etnomusicóloga Dorothé Schubarth.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A terraza de Vía Romana inaugura o ciclo Noites Méndez-Rojo

Seguinte Nova

O concurso Semente Ribeira Sacra reforza a súa vertente formativa na undécima edición

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss