O obradoiro Serra do Faro IX impulsa unha nova zona verde no barrio chantadino de Marín

O módulo de xardinaría traballa na creación dun espazo recreativo e deportivo de 4.500 m². Foto GPCCH

O obradoiro dual de emprego Serra do Faro IX, que promove o Concello de Chantada xunto cos de Carballedo e Taboada, avanza na creación dunha área recreativa no barrio de Marín. O módulo de xardinaría acondiciona un espazo de 4.500 m² situado tras o colexio e o instituto, onde se instalarán sendeiros, árbores, céspede, mobiliario urbano, zonas de merendeiros e equipamentos deportivos.
Acondicionouse a zona limpándoa de silveiras e retirando escombros e árbores caídas. Segundo o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, o obxectivo é conectar esta zona co paseo fluvial e facilitar espazos de lecer para a veciñanza e os centros educativos. Tamén se acometeron melloras no paseo do río Asma, con retirada de árbores secas e reposición de especies. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A chantadina Concha de Agrade protagoniza o primeiro episodio de “Folcast”

Seguinte Nova

Sidonie actuará no San Xoán de Sarria como principal reclamo musical

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss