O PP lamenta a parálise do complexo turístico de Augas Mestas en Quiroga

Antonio Ameijide xunto aos deputados provinciais Luis Fernández e Héctor Corujo. Foto GPPP.

O portavoz do PP na Deputación, Antonio Ameijide, lamentou a postura do goberno provincial de PSOE e BNG, que se nega a poñer en marcha o complexo turístico de Augas Mestas, en Quiroga, a pesar de consideralo un referente potencial para o turismo na provincia. Segundo Ameijide, mentres se autoriza o uso doutros embarcadoiros da Deputación para actividades recreativas, o pantalán de Augas Mestas permanece sen uso, sen que se aprecien razóns que xustifiquen esta decisión.
Ameijide lembrou que o complexo foi posto en marcha en 1996 polo goberno do Partido Popular e que disponse de múltiples instalacións, como cabanas de madeira e zonas de baño. Asegura que o peche das instalacións en 2007, tras a chegada ao goberno de PSOE e BNG, freou o desenvolvemento do turismo na zona, a pesar de que o propio goberno provincial recoñece a súa responsabilidade na xestión do complexo.
O portavoz do PP afirmou que a negativa a utilizar o pantalán responde á falta de impulso para dinamizar o turismo na comarca, a pesar de que este tipo de actividades non causan danos e favorecen a economía local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Problemas de circulación en Belesar: Interior Galego Vivo exixe melloras

Seguinte Nova

José Tomé Roca, proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss