Quiroga avanza na futura ponte colgante de Campodola

O Concello asinou un convenio con Star Project Consulting para os primeiros trámites da infraestrutura. Foto RTMQ.

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, asinou un convenio de colaboración coa empresa de enxeñaría cántabra Star Project Consulting (SPC) para avanzar no proxecto da ponte colgante de Campodola. SPC será a encargada de elaborar o proxecto básico da infraestrutura e de iniciar a avaliación ambiental, traballando en coordinación coas diferentes administracións para integrar todos os requisitos técnicos e normativos necesarios.
A previsión inicial é que a documentación estea lista nun prazo de tres ou catro meses.
A sinatura do convenio tivo lugar nunha reunión de traballo na que participaron tamén alcaldes e representantes do Xeoparque Montañas do Courel e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. No encontro abordáronse tamén propostas para a divulgación do pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, declarado Monumento Natural.
A ponte colgante, de uso peonil, está concibida como unha infraestrutura singular dentro do Xeoparque e da ruta do Camiño de Inverno. Permitirá observar o pregamento desde unha perspectiva privilexiada e aspira a converterse nun atractivo turístico e dinamizador do territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O campo de voluntariado de Quiroga porá en valor a fervenza do Pozo do Batán

Seguinte Nova

O BNG solicita ao alcalde de Pantón “bo trato” e integración no CEIP Monte Baliño

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss