Recollen bicicletas en desuso para doalas a persoas que as necesiten

Provivienda puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de bicicletas en desuso en Monforte de Lemos, coa colaboración da Escola de Ciclismo Ribeira Sacra, o Clube Ciclista Monforte, o Club Ciclista Torre San Vicente e o taller BiciRacing. A iniciativa pretende dar unha segunda vida a bicicletas que xa non se utilizan, co obxectivo de doalas a persoas que as precisen como medio de transporte ou lecer.
A acción busca promover a mobilidade sostible e contribuír á integración social de persoas con dificultades de acceso a medios de transporte propios. As bicicletas recollidas serán revisadas e reparadas polo equipo do taller BiciRacing, que colaborará de forma voluntaria para garantir o seu correcto funcionamento. Unha vez postas a punto, Provivienda encargarase da súa entrega aos destinatarios.
As persoas interesadas en colaborar poden doar bicicletas que xa non empreguen e que poidan ser útiles para outras persoas. Para facer a entrega ou solicitar máis información, están dispoñibles os teléfonos 671 473 982 e 671 941 076. A organización anima á veciñanza de Monforte e arredores a sumarse a esta campaña de solidariedade e apoio á mobilidade sustentable.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte pon en marcha o IV Plan de Igualdade Municipal

Seguinte Nova

ENTREVISTA A JAVIER OJEDA:Cantante e compositor da mítica banda de pop Danza Invisible

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss