
Sidonie será a principal atracción do programa musical do San Xoán de Sarria deste ano. O concerto terá lugar o 21 de xuño a partir das 23:30 horas no campo de rugby, cunha entrada libre para todo o público. A agrupación, un dos grupos de indie rock máis prestixiosos do panorama nacional, foi formada en Barcelona en 1997. Durante os seus primeiros anos de carreira, Sidonie experimentou con estilos psicodélicos e alternativos, pero foi a partir de Fascinado (2005) cando a banda decidiu dar un giro cara ao pop en español, conseguindo un maior éxito comercial. Os seus traballos como Sierra e Canadá (2014) ou El peor grupo del mundo (2016), confirmaron a súa capacidade para conectar co público.
O seu último disco, Marc, Axel e Jes (2023), mantén a súa esencia pop, cun estilo accesible e directo. O concerto de Sidonie en Sarria forma parte dun programa que contará tamén coas actuacións de Panorama City e Miramar o 20 de xuño, Los Players e New York o 22, Finisterre o 23, e Olympus e Capitol para pechar as festas o 24 de xuño. Tamén está programada a actuación do grupo folk Eoas na Noite do Lume o 23 de xuño.•