
O Concello de Sober organiza o venres 24 de maio a vixésimo terceira edición da Festa das Avoas e dos Avós, unha cita xa consolidada no calendario local. O evento desenvolverase a partir das 13.30 horas no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. O programa inclúe unha misa, un xantar colectivo, actuacións musicais e un sorteo de agasallos dirixido ás persoas asistentes.
O menú estará composto por empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán, queixo, cafés e bebidas. O prezo do xantar é de 10 euros para persoas empadroadas en Sober e de 20 euros para as non empadroadas.
Os interesados deben confirmar asistencia antes do mércores 22 de maio a través dos teléfonos 982 46 00 01 ou 982 46 05 13.
Desde o Concello tamén se informa de que se habilitará un servizo de transporte destinado a facilitar o desprazamento das persoas que o precisen para poder asistir ao encontro.•





