O BNG solicita ao alcalde de Pantón “bo trato” e integración no CEIP Monte Baliño

Foto Arquivo

O BNG de Pantón rexistrou a pasada semana unha solicitude ante o concello para que o alcalde habilite unha praza de estacionamento no CEIP Monte Baliño, en resposta á petición dunha nai cun fillo con problemas de mobilidade. A formación nacionalista lamenta a actitude do rexedor, que segundo relatan respondeu: “Xa se vos puxo un columpio e non estades nin empadroados”. Para a portavoz do BNG, Rosa-Ana Prieto, trátase dunha “afirmación que vulnera a lei de protección de datos”. O BNG pide ao goberno local que actúe con dilixencia e “bo trato”, lembrando que “cumprir a lei non é unha escolla, sobre todo en quen representa unha institución pública”. A situación xurdiu tras reiteradas dificultades para estacionar nas inmediacións do centro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga avanza na futura ponte colgante de Campodola

Seguinte Nova

Axudas para a adquisición de bicicletas eléctricas e híbridas en Galicia

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss