A SD Sarriana fai historia e xogará a final polo ascenso ante o Estradense

Foto RV.

A SD Sarriana escribiu unha páxina inesquecible na súa historia ao clasificarse por primeira vez para a final da fase de ascenso a Segunda Federación. Fíxoo tras unha eliminatoria de infarto ante o Racing Vilalbés, na que, malia caer por 0-1 na volta en Ribela, fixo valer a súa vitoria en Vilalba e a súa mellor posición na liga regular para avanzar de rolda.
O encontro foi intenso e moi igualado. O gol de Cañizares no minuto 39 puxo contra as cordas aos locais, que souberon resistir o empuxe chairego, especialmente nunha prórroga chea de emoción. A Sarriana tivo ocasións claras para sentenciar, como un dobre remate de Arona e Azael que rozou o gol. A entrega do equipo e o apoio da afección foron claves para manter viva a ilusión do ascenso.
Agora, o conxunto de José Antonio Rodríguez terá diante ao CD Estradense, que superou ao Noia por 2-0 na outra semifinal. O equipo da Estrada é un vello coñecido da categoría, cun bloque sólido, experiencia en partidos decisivos e xogadores desequilibrantes. Un rival especialmente perigoso na súa casa, polo moito que apreta a nutrida afección da Estrada. A ida disputarase este domingo 1 de xuño en Ribela, mentres que a volta será o sábado 8 no Novo Campo da Estrada.
A Sarriana afronta esta final co reto de culminar unha tempada histórica. O soño do ascenso está a só dous partidos. A afección xa respondeu e Ribela prepárase para vivir outra tarde máxica. Vese con envida sana dende Monforte, e moitos serán os lemistas que se acerquen a Sarria esta fin de semana para disfrutar de perto da paixón do fútbol, algo que hay xa moito tempo do que non se disfruta na Pinguela. Os tempos trocan, agora a referencia do fútbol no sur de Lugo está en Sarria, oxalá logren o ascenso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Piragüismo Quixós logra o subcampionato na Copa de Descenso de Aguas Bravas

Seguinte Nova

O BNG do Saviñao pide explicacións sobre unha posible planta de biogás en Sanxumil

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss