
A Fundación Acción contra el Hambre organiza o obradoiro online “Crea o teu propio podcast”, unha formación dirixida a persoas desempregadas que vivan no rural galego. A sesión terá lugar o venres 13 de xuño e combinará contidos prácticos con ferramentas profesionais para que os participantes poidan lanzar a súa primeira tempada de podcast en plataformas como Spotify, YouTube ou Apple Podcast.
O curso terá unha duración de 4 horas e inclúe a posibilidade de acceder a mentorías individuais, segundo a valoración dos proxectos presentados. As prazas son limitadas e é necesario cubrir un formulario dispoñible en liña para formalizar a inscrición.
Durante o obradoiro, traballaranse aspectos como a redacción de contidos, gravación, edición e técnicas de locución, teatro e dobraxe. Tamén se practicará a modulación da voz, vocalización e lectura interpretativa, co obxectivo de mellorar a calidade comunicativa dos proxectos.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no correo amadan@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 679 61 64 49.•