Alta participación na Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián; e o presidente do Consello Regulador da Denominación, Antonio Lombardía. Foto GPXG.

A Ruta dos Viños da Ribeira Sacra acolleu entre o 23 e o 25 de maio unha nova edición da Primavera de Portas Abertas, promovida por Turismo de Galicia. Durante a fin de semana, 13 adegas abriron as súas portas para ofrecer catas comentadas, visitas guiadas e actividades culturais. O programa incluíu os Buses do Viño, con saídas desde Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo e Santiago, que permitiron aos asistentes coñecer o territorio acompañados por guías. Entre as propostas destacaron as visitas teatralizadas ao casco vello de Chantada e á Torre da Homenaxe de Monforte, así como o concerto do Gabi Triana Quintet nos Chancís, en Sober. Tamén se organizaron percorridos en barca polo Miño, rutas polo Camiño de Inverno, itinerarios por igrexas románicas e visitas a museos como o Ecomuseo de Arxeriz, o Museo Etnográfico de Quiroga e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocada a sexta edición dos premios ao turismo e á gastronomía

Seguinte Nova

A Deputación achega 25.000€ ao Consorcio de Turismo para reforzar a promoción da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss