
Casa Moreiras acolleu esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas nas que os asistentes puideron coñecer de preto unha das adegas con máis historia da Ribeira Sacra. A cita celebrouse o sábado 25 e domingo 26 de maio nas instalacións da adega, situadas no concello de Sober. Durante a visita, o público tivo ocasión de percorrer os viñedos e coñecer os procesos de elaboración, así como de degustar os viños Mencía e Godello que produce a casa. A iniciativa permitiu tamén achegarse á arquitectura e ao legado dunha adega que presume de ser unha das máis antigas de Galicia. “Queremos que a xente sinta o que significa facer viño aquí, entre muros cargados de historia e paisaxes que falan por si”, sinalaron desde a organización ao remate da xornada.• (Foto GPCP)