
O Concello de Chantada abre o prazo de inscrición para o Servizo de Madrugadores do curso 2025-2026. As solicitudes poden presentarse ata o 6 de xuño na casa consistorial, de 9:00h a 14:00h. O servizo ofrece atención á cativada desde as 7:30h ata a entrada nos colexios: ás 9:30h no CEIP Xoán de Requeixo e ás 8:55h no CEIP Eloísa Rivadulla. Iniciado hai tres anos como proba, o servizo consolidouse cunha trintena de participantes por curso.
«Abrimos agora o prazo de inscrición para poder ter unha previsión de cantas familias demandan o servizo e que ningún neno se quede sen el. Ofrecemos a opción de acudir todos os días ou en días soltos. O noso obxectivo é facilitar a conciliación e que cada familia poida escoller a opción que máis lle conveña”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.•