
O Concello de Chantada vén mellorando o punto limpo desde 2022. Entre as actuacións realizadas destacan a adquisición de contedores, unha traspaleta pesadora e unha báscula para grandes volumes, así como a impermeabilización de zonas de almacenamento e a instalación de videovixilancia. Estas melloras supuxeron un incremento do 83 % na capacidade de recollida. Este ano, o Concello solicitou unha nova subvención para adquirir contedores de gran volume, mellorar a iluminación e crear unha zona de reutilización. Tamén se prevé incorporar un vehículo eléctrico para a recollida de residuos nas parroquias. “No Concello de Chantada estamos en constante mellora para facilitar a recollida de residuos, ”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.•