Convocada a sexta edición dos premios ao turismo e á gastronomía

A Voceira socialista do Goberno na Deputación, Pilar García Porto. Foto GPDL.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a convocatoria da sexta edición dos premios á excelencia do turismo e da gastronomía, uns galardóns impulsados polo Consello Provincial de Turismo. As categorías mantéñense: Premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Premio Turismo Sostible e Premio …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense.
Segundo explicou a deputada Pilar García Porto, trátase “dunha medida máis para apoiar, poñer en valor e visibilizar o traballo e a calidade do sector turístico e hostaleiro da provincia”.
Poderán presentarse persoas físicas ou xurídicas, entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro que teñan unha repercusión positiva no turismo ou na gastronomía da provincia. O xurado estará formado por representantes do Consello Provincial de Turismo e poderá conceder accésits. A entrega dos premios terá lugar a finais de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ameijide acusa ao BNG de “cómplice necesario” do illamento en infraestruturas da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Alta participación na Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss