
Alumnado do CEIP de Bóveda desprazouse esta semana ao castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón, como parte do proxecto escolar “A vida castrexa”. Durante a visita, o arqueólogo Xurxo Ayán explicou os traballos de prospección realizados no xacemento e acompañou ao grupo nun percorrido polos principais puntos do enclave arqueolóxico.
A actividade incluíu unha parada na tumba onde, no ano 2017, apareceu un esqueleto case completo, que foi identificado polos investigadores co nome de Atilano.•