Lánzase o primeiro episodio de “Folcast”, sobre oralidade e tradición musical

(Foto GPVDL)

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentou o primeiro episodio da serie de podcast Folcast, centrada na oralidade e a música tradicional da provincia. O capítulo inicial, dispoñible en Spotify, ten como protagonista á cantareira Concha Casal Eiriz, veciña de A Grade, en Chantada, e informante do Cancioneiro Popular Galego. O episodio conta coa participación do seu fillo, Suso do Rei, e de expertos como Alba María, Isabel Vigo e Xulia Feixóo, ademais de achegas musicais de Pedro García, Antía Vázquez e Noa Moreira. A serie, composta por dez episodios, percorrerá as comarcas lucenses para ofrecer unha ollada plural sobre a oralidade.
Os contidos poden seguirse tamén a través do perfil de Instagram @folcast_radio.•
(Foto GPVDL)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada abre o prazo de inscrición para o Servizo de Madrugadores

Seguinte Nova

Casa Moreiras abriu as súas portas para achegar a súa historia vitivinícola

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss