Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos xa poden beneficiarse do Carné +65

A iniciativa da Xunta de Galicia ofrece descontos de ata o 30 % en servizos culturais, sanitarios e de ocio, con 13 establecementos adheridos na comarca

Raquel Arias e José Manuel Mato reuníronse co director do Hotel-Balneario Augas Santas de Pantón, Santiago Villanueva. Foto GPPP.

O Carné +65 permite que máis de 81.000 persoas maiores da provincia de Lugo —máis de 8.000 na comarca de Lemos— accedan a descontos e vantaxes en servizos culturais, sanitarios, turísticos e de ocio. A iniciativa, totalmente gratuíta, está dirixida a todos os maiores de 65 anos ou máis empadroadas en Galicia, que están a recibir o carné nos seus domicilios ou poden solicitalo por correo electrónico. Actualmente, preto de 800 establecementos galegos están adheridos ao programa, máis de cen de Lugo e 13 da comarca de Lemos. Estes locais ofrecen descontos de ata un 30 % e están identificados cun distintivo que facilita a súa localización polos usuarios. A previsión é que a cifra se achegue ao milleiro antes de rematar o ano. Os deputados Raquel Arias e José Manuel Mato visitaron o Hotel-Balneario Augas Santas de Pantón, onde se reuniron co director, Santiago Villanueva, e animaron á poboación maior a facer uso do carné. A información completa, os establecementos participantes e os descontos dispoñibles pode consultarse na web da Consellería de Política Social. Os maiores poden gozar de actividades culturais, visitas a museos e concertos, así como servizos sanitarios, incluíndo consultas médicas e tratamentos terapéuticos. Tamén facilita o acceso a instalacións deportivas e balnearios, promovendo un estilo de vida saudable entre a poboación maior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Acción contra el Hambre impulsa un obradoiro de podcast para o rural galego

Seguinte Nova

O Pazo de Tor celebra as V Xornadas Pacegas centradas na literatura e poesía

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss