O concello de Sarria homenaxea á Policía Local no Día da súa Patroa

O Concello recoñeceu a traxectoria de cinco axentes e destacou o papel do corpo na seguridade cidadá e no Camiño de Santiago. Foto GPCS.

O Concello de Sarria celebrou esta semana o Día da Patroa da Policía Local cun acto institucional no que se puxo en valor o traballo do corpo ao longo do ano. A xornada serviu para recoñecer a dedicación dos axentes e, en especial, para homenaxear a cinco efectivos que cumpren 25 anos de servizo.
Durante o acto, o concelleiro de Seguridade, Félix Seijas, destacou o compromiso da Policía Local coa veciñanza e a súa profesionalidade na xestión diaria da seguridade. Subliñou tamén o papel fundamental que desempeñan no acompañamento e atención aos milleiros de peregrinos que cada ano atravesan a vila, considerada unha das principais portas de entrada ao Camiño de Santiago.
A celebración incluíu a entrega de distincións aos axentes veteranos e unha mención ao esforzo do corpo por adaptarse aos novos retos. Neste sentido, o Concello reafirmou o seu compromiso por dotar á Policía Local dos medios necesarios, como o novo sistema de videovixilancia, co obxectivo de avanzar cara a unha seguridade máis eficiente.
Desde o goberno local co seu alcalde Claudio Garrido á cabeza, trasladouse o agradecemento a todo o persoal pola súa implicación diaria e polo labor que desenvolven para facer de Sarria un lugar máis seguro e acolledor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Escolares de Bóveda visitan o castro de San Lourenzo dentro dun proxecto educativo

Seguinte Nova

Comezan os traballos de limpeza na estrada GG-2.2 ao seu paso por Bóveda

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss