O Hospital de Monforte destaca pola súa baixa lista de espera para cirurxías

Katy Varela e Encarna Amigo diante do Hospital de Monforte

O Hospital Comarcal de Monforte rexistrou en 2024 unha das listas de espera máis baixas de Galicia para intervencións cirúrxicas, cunha media de 36 días. Esta cifra sitúase moi por debaixo da media autonómica, que foi de 67 días. O centro monfortino colócase así entre os hospitais comarcais con mellor desempeño, só superado polo Hospital do Barbanza, con 29 días de espera, e por diante do Hospital da Mariña, que rexistrou 46 días. Estes resultados enmárcanse nun contexto no que Galicia foi a cuarta comunidade con menor tempo medio de espera para operacións e a terceira en consultas con especialistas. Ademais, o Hospital de Monforte continúa mellorando as súas instalacións. Recentemente anunciouse a creación dunha nova área de neumoloxía e dixestivo, cun investimento próximo ao millón de euros e unha superficie de 641 metros cadrados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Oliver Laxe toca o ceo con Sirât, logo de conquistar Cannes

Seguinte Nova

Acción contra el Hambre impulsa un obradoiro de podcast para o rural galego

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss