O proxecto de Kern Pharma en Monforte avanza cara ao inicio das obras

O alcalde José Tomé reuniuse co CEO do Grupo Indukern para avaliar a evolución da futura planta no polígono do Reboredo

O Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, recibiu no Concello ó CEO da empresa Indukern, D. Raúl Díaz-Varela Bertschinger. Foto GPCM.

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo na Alcaldía co vicepresidente e CEO do Grupo Indukern, Raúl Díaz-Varela Bertschinger, para analizar o estado actual do proxecto industrial que a empresa farmacéutica Kern Pharma ten previsto implantar no polígono industrial do Reboredo.
Durante o encontro, ambas partes constataron os avances rexistrados nos últimos meses na planificación da planta, que se viu afectada por diversos factores externos, como a pandemia da COVID-19 e o notable incremento dos custos de construción. Estas circunstancias provocaron un atraso no calendario inicial, mais a empresa mantén o seu compromiso coa iniciativa e xa dispón da parcela adquirida no polígono para desenvolver as instalacións.
A xuntanza desenvolveuse nun ambiente de colaboración e entendemento, no que se avaliaron tamén as liñas de produción que Kern Pharma pretende implantar en Monforte. A previsión é que entre os meses de setembro e outubro se poidan dar pasos definitivos para o inicio das obras, que suporán un importante impulso económico e laboral para a comarca.
O proxecto, anunciado hai tres anos, contempla a creación dunha planta de produción farmacéutica centrada en medicamentos de uso hospitalario e produtos de alto valor engadido. A instalación prevé xerar emprego cualificado e consolidar a presenza da marca Kern Pharma en Galicia, converténdose nun referente do sector no noroeste peninsular.
Desde o Concello destacan a importancia estratéxica desta iniciativa, tanto pola súa capacidade de atracción de investimento como polo seu impacto na dinamización do tecido industrial local. O alcalde expresou a súa satisfacción polo compromiso mantido pola empresa e pola boa evolución do proxecto, que cualificou como “clave para o futuro económico de Monforte”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación achega 25.000€ ao Consorcio de Turismo para reforzar a promoción da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Rematada a reforma integral do parque infantil do CEIP A Gándara

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss