O PSdeG reclama á Xunta medidas urxentes para reforzar a saúde mental en Lugo

Os socialistas levaron ao pleno da Deputación unha moción que denuncia a saturación do sistema e a falta de recursos.
Foto GPPSdeG.

O Grupo Provincial Socialista defendeu no pleno da Deputación de Lugo do martes 27 de maio unha moción para instar á Xunta de Galicia a adoptar medidas urxentes e eficaces que garantan unha atención pública digna no ámbito da saúde mental. A iniciativa, presentada pola voceira Pilar García Porto, denuncia a situación de saturación, listas de espera prolongadas e escaseza de medios que afecta ao sistema sanitario galego, especialmente na provincia de Lugo.
García Porto lembrou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse no seu discurso de investidura a reforzar os recursos en saúde mental, dotando de psicólogos os centros de atención primaria e traballando para reducir o consumo de psicofármacos. Porén, segundo os socialistas, “a realidade dista moito da promesa”.

MÁIS DE 1000 PERSOAS EN LISTAS DE ESPERA
Segundo datos do Sergas, a finais de 2024 había 9.390 persoas agardando por unha primeira consulta en saúde mental en Galicia, cunha media de espera de 87 días. Na provincia de Lugo, máis de 1.000 persoas levan máis de seis meses agardando por unha cita cun especialista, e só existen tres centros de atención: en Lugo, Monforte e Burela.
A moción tamén recolle datos do Consello de Contas, que alerta da falta de persoal e do escaso desenvolvemento do Plan de Saúde Mental 2020–2024. O PSdeG reclama máis contratacións, unha liña de atención rápida para casos graves e o cumprimento dos investimentos comprometidos pola Xunta de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG do Saviñao pide explicacións sobre unha posible planta de biogás en Sanxumil

Seguinte Nova

Ameijide acusa ao BNG de “cómplice necesario” do illamento en infraestruturas da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss