Rematada a reforma integral do parque infantil do CEIP A Gándara

O novo espazo de xogos, xa en uso, conta con pavimento de seguridade e novos elementos adaptados á normativa vixente.
Foto GPCM.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou o remate das obras de renovación do parque infantil do CEIP A Gándara, que dende esta semana xa pode ser utilizado polo alumnado do centro. A actuación, cun investimento de 47.000 euros, supuxo a reforma completa dunha área de xogos que, segundo a memoria do proxecto, tiña a súa vida útil esgotada e non cumpría coa normativa vixente.
Os traballos incluíron a execución dunha solera de formigón de 12 cm de espesor e a instalación dun pavimento de caucho continuo de dúas capas, co obxectivo de garantir a seguridade dos nenos e nenas. Tamén se renovou e reubicou o equipamento existente, como balancíns, pérgola, arenero e bancos, e engadíronse novos elementos: tobogán, trepas, xogos múltiples e unha caseta XXL.
Ademais, colocouse céspede artificial na zona próxima á pérgola como área de transición. Tomé destacou que, malia non ser competencia directa do Concello, a actuación era necesaria para ofrecer un espazo seguro, moderno e adaptado ás necesidades do alumnado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O proxecto de Kern Pharma en Monforte avanza cara ao inicio das obras

Seguinte Nova

O I Torneo Club Rítmica Kendra reúnea 400 ximnastas en Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss