Ribeira Sacra Nextdefine as súas primeiras liñas de acción

As xornadas de traballo que se están a celebrar permitirán establecer un plan estratéxico baseado nas necesidades reais do territorio

O o secretario da Asociación, Severino Rodríguez, durante a súa intervención nas xornadas.
Foto GPRSN.

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next está a desenvolver durante este mes de maio un proceso participativo para definir as primeiras accións que marcarán a súa posta en funcionamento. A través de xornadas de traballo celebradas no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, as empresas asociadas están a identificar conxuntamente as principais necesidades e prioridades do tecido empresarial da Ribeira Sacra.
As sesións, que se celebran os venres pola tarde, contan cun máximo de 20 empresas por encontro, co obxectivo de facilitar dinámicas grupais efectivas. Estes encontros están guiados polo equipo redactor do Plan Estratéxico da Asociación, elaborado pola Universidade da Coruña, e permitirán establecer oito liñas básicas de actuación, así como a orde de prioridade de cada unha delas.
Segundo explicou o secretario da Asociación, Severino Rodríguez, “a entidade contará cun plan de acción adaptado ás necesidades reais dos seus membros, froito dun proceso participativo no que cada empresa achega a súa visión”. Estas xornadas son a continuación do traballo iniciado en febreiro, cando se presentou o Plan Estratéxico no restaurante Don Manuel ante preto de 200 persoas.
A Asociación, que inicialmente se constituíu como Agrupación de Interese Económico (AIE), adoptou recentemente a súa forma xurídica definitiva como Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next. Esta entidade ten como obxectivo principal impulsar o desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra, unindo esforzos entre empresas das provincias de Lugo e Ourense. Entre as súas finalidades destacan a xestión de proxectos comúns, a captación de fondos europeos —como os Next Generation— e a creación dun nodo tecnolóxico que preste servizos ao conxunto do tecido empresarial 1.

SELECCIÓN DE CANDIDATOS PARA A XERENCIA
Paralelamente, a Asociación avanza no proceso de selección da súa Xerencia. A empresa encargada da xestión de candidaturas xa remitiu os perfís máis axeitados, e nos próximos días iniciarase o proceso de entrevistas, no que poderán participar tamén representantes das empresas asociadas.
A entidade prevé presentar en breve a súa páxina web, onde se recollerá información actualizada sobre as empresas asociadas e as iniciativas en marcha. Mentres tanto, as empresas interesadas en formar parte da Asociación poden rexistrarse a través da web ribeirasacranext.gal, desde onde serán posteriormente contactadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galimplant, todo un referente internacional en implantoloxía oral dende Sarria

Seguinte Nova

O ‘RaízaMes’ reivindica a cultura do viño como motor de identidade e futuro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss