Trinta candidaturas optan aos premios do deporte 2025 en Monforte

O Concello recoñece o traballo de deportistas, clubs, adestradores e árbitros nunha gala que se celebrará próximamente. Foto Gala 2024.

O Concello de Monforte recibiu un total de 30 candidaturas para os premios ao mérito deportivo correspondentes ao ano 2025. As propostas abranguen distintas categorías como mellor deportista absoluto, promesa, adestrador/a, árbitro/a, entidade deportiva, equipo e deportividade.
O alcalde, José Tomé Roca, destacou que o obxectivo destes galardóns é poñer en valor o esforzo e os logros de atletas e clubs locais, que acadaron importantes resultados a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional.
O xurado, presidido polo alcalde e e estará formado ademais polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán por representantes do deporte local e institucional, será o encargado de elixir os gañadores. Os nomes dos premiados daranse a coñecer na Gala do Deporte, cuxa data está aínda por determinar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A poxa de gando de Seoane do Courel revalida o seu papel como escaparate da Rubia Galega

Seguinte Nova

O BNG de Monforte pide preservar o Bar Anchoas como espazo histórico da cidade

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss