A Asociación Veciñal do Saviñao esixe a limpeza dos solares urbanos de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao, presidida por Celia Ferreiro, remitíuse á Alcaldía para instar á limpeza dos solares urbanos de Escairón que lindan con vivendas, onde a maleza acumulada representa un risco claro. Segundo explican desde o colectivo, un veciño presentou até tres peticións ao Concello sen obter resposta, o que motivou esta iniciativa colectiva.
A asociación recorda a obriga establecida na lei autonómica 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios e na correspondente ordenanza municipal, que obriga ás persoas propietarias a manter despexadas as súas parcelas. Ademais, reclaman que, de non proceder ao aviso, o goberno local aplique o artigo 22.3 da norma, que permite realizar a roza de oficio e repercutir o custo aos titulares.
A presidenta suliña que estas accións non só evitan perigos, senón que tamén melloran a imaxe urbana e a convivencia veciñal. Agardan que o Concello actúe con para garantir a seguridade e cumprir a lexislación vixente, en beneficio da poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte saca a licitación a urbanización da Zona D, entre a rúa Cardenal e o río Cabe

Seguinte Nova

Monforte acolleu o Campionato Provincial de Voleibol

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss