A Deputación inicia melloras na estrada LU-P-4106 en Pantón

Os traballos, cun investimento de 80.000 euros, afectarán os primeiros 6,5 quilómetros da vía. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo iniciou esta semana as obras de acondicionamento na estrada LU-P-4106, que une O Carme e O Curro, no concello de Pantón. O investimento achegado supera os 79.000 euros e contempla a reparación do firme desde o quilómetro 0 ata o 6,55. Os traballos inclúen a limpeza de cunetas, corrección de afundimentos e repavimentación, cun prazo previsto de dous meses. Esta vía é vital para a conexión das parroquias e o acceso a zonas turísticas locais. Ademais, está previsto mellorar tamén a estrada LU-P-4107, entre Segade e Marce, cun orzamento de 100.000 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberta a inscrición nos Campamento de Verán de Pantón

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón activa o seu programa estival de conciliación familiar

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss