
O Concello da Pobra do Brollón desenvolverá este verán un programa de actividades para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. O Campamento de Verán terá lugar de luns a venres, do 23 de xuño ao 5 de setembro, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Polas tardes, ofreceranse sesións de apoio socioeducativo os luns, mércores e venres, e actividades deportivas os martes e xoves. As inscricións poden formalizarse ata o 16 de xuño. As prazas son limitadas e priorizarase o alumnado do CEIP e crianzas empadroadas. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.•