A Pobra do Brollón reclama un alto o fogo inmediato na crise de Gaza

Foto: Jaber Jehad Badwan

O Concello da Pobra do Brollón manifestou a súa preocupación pola grave situación humanitaria que se vive na Franxa de Gaza tras máis dun ano de conflito. Reclama un cesamento do fogo inmediato para preservar a vida da poboación civil e insta ás autoridades israelís a cesar actos prohibidos pola Convención sobre Xenocidio. Ademais, piden a apertura do acceso para axuda humanitaria e o levantamento do bloqueo que afecta a 1,9 millóns de persoas. O Concello tamén solicita que Hamás libere ás persoas civís reféns e que Israel faga o propio cos detidos arbitrarios. Reclaman, igualmente, que a Unión Europea suspenda a transferencia de armas aos contendentes e defenda o cumprimento do dereito internacional para evitar máis vítimas e garantir a rendición de contas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón activa o seu programa estival de conciliación familiar

Seguinte Nova

O CEIP Rosalía de Castro acolleu unha xornada educativa sobre produtos mariños galegos

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Sarria vibra con Sidonie

Sidonie puxo a banda sonora á noite do 21 de xuño en Sarria cun concerto multitudinario no campo de rugby, dentro das
Ir aInicio

Don't Miss