A Ribeira Sacra acollerá a finais de mes o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos

Entre o 26 e o 29 de xuño, a Ribeira Sacra converterase no epicentro da creatividade e do emprendemento cultural coa celebración do Encontro Nacional de Emprendedores Creativos. A iniciativa, impulsada pola Asociación España Creativa e a RECITCREA, enmárcase no proxecto Camiño Creativo de Santiago 2025 e conta co apoio do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e dos concellos de Monforte e Sober, así como co patrocinio de Red Eléctrica.
O evento ten como obxectivo consolidar a cultura e a creatividade como eixes de transformación territorial, especialmente en contornas rurais con alto valor patrimonial e paisaxístico. A programación comezará o xoves 26 pola tarde en Cadeiras, e incluirá durante foros de diálogo, mesas redondas, actividades formativas, visitas culturais e unha gala final.
O venres 27 e o sábado 28, o Parador de Turismo de Monforte acollerá os cinco foros principais, nos que se abordarán temas como o financiamento da cultura, a cooperación institucional, o turismo creativo e os modelos sostibles de negocio cultural.
O domingo, o protagonismo será para o territorio: haberá visitas a adegas, unha ruta polo románico e un percorrido en catamarán. Nese marco tamén se presentarán os 12 proxectos finalistas que optan aos Premios España Creativa – Red Eléctrica, dotados con máis de 17.000 €. “A cultura é motor de cohesión, innovación e futuro”, destacan desde a organización.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O certame Semente Ribeira Sacra recibe 72 ideas para emprender no rural

Seguinte Nova

A barca de Caronte, A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss