Chantada abre o prazo para inscribirse nos campamentos de verán municipais

A Concellaría de Igualdade de Chantada organiza un ano máis os Campamentos de Verán, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Haberá tres quendas entre finais de xuño e xullo, con actividades no CEIP Xoán de Requeixo e no IES Lama das Quendas, en horario de 10:00 a 14:00 horas e con servizo de madrugadores desde as 8:00. As inscricións poden realizarse nos Servizos Sociais ata o 18 de xuño.
Cada ano participan destes campamentos uns 200 rapaces/zas por quincena. Todas as actividades son gratuítas e van desde propostas deportivas con deportes mixtos, como baloncesto, voleibol, fútbol,…a obradoiros de expresión plástica e artística para a adquisición de habilidades sociais, con lectura, teatro ou música. Segundo o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, “outro verán máis centos de nenos e nenas poderán inscribirse en propostas que fomentan o respecto, a comunicación e a iniciativa”.
Do 1 ao 14 de agosto desenvolverase tamén un Campamento Dixital para rapazada de 9 a 13 anos na aula Cemit. A iniciativa,ofrece formación básica en competencias dixitais. Hai 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Por Chantada critica a falta de información sobre o precintado da fonte da Ponte do Convento

Seguinte Nova

Monforte acolle do 4 ao 6 de xullo a sétima edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Sarria vibra con Sidonie

Sidonie puxo a banda sonora á noite do 21 de xuño en Sarria cun concerto multitudinario no campo de rugby, dentro das
Ir aInicio

Don't Miss