Crystilandia e Formoso Lamas protagonizaron a axenda cultural en Chantada

A artista Crystilandia leva asentada na Ribeira Sacra desde os anos 90, traballa con pigmentos naturais e acrílicos nun estilo máxico-realista. Foto GPCCH.

O pasado venres, 13 de xuño, Chantada acolleu dúas destacadas actividades culturais. Ás 19:00h inaugurouse na Casa da Cultura a exposición “Fuera de serie” da artista Crystilandia, que presenta a “mulleres surrealistas que buscan a plenitude rodeadas de naturezas vivas e fetiches; mulleres intuitivas e salvaxes, que adoran ás forzas da natureza, onde acadan o equilibrio; mulleres cheas de desexo de empoderamento, ou mulleres empoderaras cheas de desexo…”. Unha hora despois, a Biblioteca Pública “Xoán de Requeixo” acolleu a presentación da nova edición de Apuntes para la historia de Chantada, de Manuel Formoso Lamas. A obra conmemora os 120 anos da súa primeira publicación e os 175 do nacemento do autor. O acto contou con ilustracións de artistas locais e música en directo a cargo de André Espiñeira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O cartel do Folión de Carros 2025 leva a sinatura dunha alumna do IES Lama das Quendas

Seguinte Nova

Por Chantada critica a falta de información sobre o precintado da fonte da Ponte do Convento

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss